Tiwanzana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tiwanzana foi unha cidade do Imperio Hitita, ao oeste de lago do Sal, nunha zona en conflito con Arzawa desde antes do -1350. Suppiluliumas I foi á zona sobre o -1344: descansaba na cidade con só seis carros e algúns soldados cando foi casualmente sorprendido por un continxente inimigo arzawán (os "feitos de Suppiluliumas" din que por todo o exército inimigo), ao que derrotou e fixo fuxir ás montañas abandonando o botín. Entón o príncipe dirixiuse a Tuwanuwa, ao leste do lago, onde chegaran os ataques arzawáns, onde se lle uniu o resto do exército que operaba na zona ao oeste do lago.