Timrå IK
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 11 de maio de 1928 | |
| Sede | ||
| Cancha | E.ON Arena (6.000 espectadores) |
|
| Cores | Vermello e branco |
|
| Liga | HockeyAllsvenskan | |
| Campionatos | 0 | |
| Adestrador | ||
| Director | ||
| Sitio Web | http://www.timraik.se | |
O Timrå IK ou Timrå Red Eagles é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Timrå (Suecia). Actualmente compite na HockeyAllsvenskan, a segunda categoría do hóckey sobre xeo sueco. Xoga os seus partidos como local no E.ON Arena, un pavillón con capacidade para 6.000 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
O Timrå IK foi fundado o 11 de maio de 1928 baixo o nome de Wifstavarvs IK e comezou a súa andaina no hóckey sobre xeo en 1938. Logo da súa fusión en 1942 co Östrands IF, outro equipo local, accedeu á primeira división do campionato en 1956. Logo dunha nova fusión, desta vez co Fagerviks IF en 1964, o club adoptou en 1967 o seu nome actual, Timrå IK.
O club posuía nas súas orixes unha sección de fútbol, que se independizou en 1978 baixo o nome de IFK Timrå.