Timation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Timation foi unha serie de dous satélites do Laboratorio de Investigación Naval dos Estados Unidos.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

O programa Timation (contracción de Time/Navigation) comezou en 1964, culminando co lanzamento de Timation 1 en 1967 e Timation 2 en 1969. O obxectivo era demostrar que se podían usar satélites emitindo sinais e con reloxos de alta precisión a bordo como método de navegación na superficie terrestre. Os dous satélites foron lanzados con éxito e axudaron na creación do que máis tarde sería coñecido como GPS.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Timation 1 31 de maio de 1967 Thor Agena D Éxito
Timation 2 31 de setembro de 1969 Thor Agena D Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2022). "Timation" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Timation 1, 2" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]