Este foi o primeiro álbum da banda gravado sen o guitarrista orixinal Brett Gurewitz, e a primeira edición con Brian Baker, que o substituíra durante a xira do Stranger Than Fiction. Aínda que non tivo tanto éxito como o seu predecesor, The Gray Race acadou un modesto éxito cando a MTV emitiu un anuncio do disco tras o seu lanzamento. O álbum foi reeditado por Epitaph Records o 15 de setembro de 2008.