Tálao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega, Tálao era rei de Argos e foi un dos Argonautas. Era o fillo de Pólibo e Tiro. A súa muller dise que era Lisímaca, Eurínome ou Lisianasa. Foi o pai de Adrasto, e probablemente de Aristómaco, Astínome, Erífile, Hipomedano, Mecisto, Metidice, Partenopeo ou Pronax.