Supermarine Attacker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Supermarine Attacker
Tipocaza embarcado
FabricanteSupermarine
Primeiro voo27 de xullo de 1946
Introducidoagosto de 1950
Retirado1964
Principais usuariosRoyal Navy
Royal Naval Reserve
Forza Aérea de Paquistán
Unidades construídas185

O Supermarine Attacker é un caza a reacción embarcado británico deseñado e producido por Supermarine para o Fleet Air Arm (FAA) da Royal Navy. O tipo ten a distinción de ser o primeiro reactor en entrar en servizo coa FAA.[1]

Co obxectivo de introducir rapidamente reactores ao servizo da Armada, Supermarine propuxo adaptar o seu deseño máis avanzado de avión de pistóns, o Supermarine Spiteful, cunha nova fuselaxe para o motor Rolls-Royce Nene. Tras realizar o seu primeiro voo o 27 de xullo de 1946, o fase de probas de voo prolongouse moito tempo debido a varios problemas, como dificultades de manexo. Os primeiros Attacker entraron en servizo coa FAA en agosto de 1951.

Como lle pasou á meirande parte dos cazas a reacción de primeira xeración, o Attacker tivo unha vida de servizo relativamente curta antes de ser substituído; isto debeuse a avións a reacción cada vez máis avanzados que se desenvolveron rapidamente durante os anos 50 e 60. A pesar de ser retirado da FAA durante 1954, tan só tres anos despois da súa introdución, o Attacker sería adoptado pola nova Forza Aérea de Paquistán, que operou o modelo ata mediados dos anos 60.

Variantes[editar | editar a fonte]

Type 392
Prototipo de versión terrestre segundo a especificación E.10/44, pedido como un dos tres prototipos o 30 de agosto de 1944. Un construído que voou por vez primeira o 27 de xullo de 1946.[2]
Type 398
Prototipo da variante naval pedido o 30 de agosto de 1944. Un construído que voou por vez primeira o 17 de xuño de 1947.[2]
Type 510
Prototipo con ás e cola en frecha cuxo desenvolvemento levou ao Supermarine Swift.
Type 513
Segundo prototipo da variante naval segundo a especificación E.1/45 pedido o 30 de agosto de 1943. Un construído que voou por vez primeira o 24 de xaneiro de 1950.[2]
Type 398 Attacker F.1
Variante de produción con motor Nene 3. 63 pedidos o 29 de outubro de 1948 e construídos en South Marston. 50 fabricáronse como F.1, tras cancelarse dous, e os últimos 11 construíronse como FB.1. O primeiro voo do F.1 de produción foi o 4 de abril de 1950.[2]
Attacker FB.1
Os derradeiros 11 avións de produción F.1 construíronse como FB.1 xunto cun avión adicional pedido o 27 de marzo de 1950 para substituír a un aparello destruído nun voo de proba.[2] O FB.1 fora modificado a partir do deseño orixinal para permitirlle levar foguetes ou bombas baixo as ás.
Attacker FB.2
Variante actualizada de cazabombardeiro con motores Nene 102. Realizáronse tres pedidos que sumaron en total 84 unidades, todas elas fabricadas en South Marston.[2]
Attacker Mk.538
Variante de cazabombardeiro baseado en terra equipado con motores Rolls-Royce Nene 4, feira especialmebte para exportar á Real Forza Aérea de Pakistán. Fabricáronse 36 sendo o primeiro entregado en 1953.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bingham 2004, p. 109
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Sturtivant 2004, pp. 562-572.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bingham, Victor. Supermarine Fighter Aircraft. Ramsbury, UK: The Crowood Press, 2004. ISBN 1-86126-649-9.