Superlativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Superlativo enténdese en lingüística por aumentativo, unha das posibilidades de gradación que pode achegar o adxectivo e en concreto aquela que permite a esta clase de palabra atribuír unha calidade no seu máis alto grao. Hai que distinguir dous tipos:

Superlativo absoluto e superlativo relativo[editar | editar a fonte]

Superlativo absoluto[editar | editar a fonte]

O adxectivo atribúe a calidade no seu máis alto grao, sen establecer comparación ou relación ningunha. Entre as posibilidades de que dispón o galego para a gradación absoluta, temos formas ou procedementos sintéticos e analíticos.

  • Sintéticos:
    • O sufixo -Ísimo (con morfemas de xº e nº) engadido ós adxectivos en grao positivo: home fortísimo.
    • As formacións sintéticas latinas que seguen vixentes na actualidade son menos produtivas e alternan coa forma analítica "moi + adxectivo en grao positivo" ou o "adxectivo + -ísimo": alto-supremo, baixo-ínfimo, bo-óptimo, grande-máximo, malo-pésimo, pequeno-mínimo-: É un caldo pésimo
    • Adxectivo con prefixos re- , arqui-, super-, hiper-, ultra-, requete-,...: ultramoderno, hipersensible.
    • Adxectivo con sufixos alterativos: -ón, -echo, -ucho, pero sobre todo -iño/-a que non supón diminución, senón que expresa que a calidade se atopa nun grao moi alto: Está moi fracucho, "é altiño",...
  • Analíticos:
    • Construción "moi + adxectivo".
    • Poden aparecer outros adverbios de cantidade (bastante, algo , pouco, case, abondo,....) e tamén de modo con valor cuántico (ben, extraordinariamente, tremendamnente, extremadamente, sorprendentemente...): É tremendamente procaz. É parvo abondo
    • A repetición do adxectivo: pilabán pillabán (nivel coloquial)

Superlativo relativo[editar | editar a fonte]

Dáse a atribución a un obxecto do grao máis alto posible dunha calidade con respecto ós demais cos que se pode comparar: É mais alto ca ti. É máis alto do que es ti. É o máis alto dos dous.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]