Solid Snake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Personaxe de Metal Gear
Solid Snake
Nome en Clave Solid Snake/Iroquois Pliskin (Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty), Old Snake (Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots], Solid Snake (Metal Gear, Metal Gear 2: Solid Snake e Metal Gear Solid)
Nome Real David
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estadounidense
Afiliacións Boina verde (durante a Guerra do Golfo)), CIA (durante 6 meses), FOXHOUND (1995, 1999), Philanthropy (2005-Actualidade).
Sexo Masculino
Actor de dobraxe (Versión en Inglés) David Hayter
Actor de dobraxe (Versión en Español) Alfonso Vallés
Actor de dobraxe (Versión en Xaponés) Akio Otsuka
Captura de Movementos Mizuho Yoshida

Solid Snake (ソリッド・スネーク Soriddo Sunēku) é o protagonista da saga de xogos Metal Gear. Solid Snake é un dos 3 clons do lendario soldado Big Boss do proxecto Les Enfants Terribles. Deste proxecto viron a luz 3 clons: Solidus Snake, Liquid Snake e Solid Snake.

Historia[editar | editar a fonte]

En Metal Gear 1[editar | editar a fonte]

Neste capítulo móstrase a Solid Snake bastante novo e algo novato, planeábase que Solid Snake non cumprise a misión, pero a cumpre e con fartura. O grupo de elite FOXHOUND é enviado polo goberno de Estados Unidos a resolver unha revolta en Outer Heaven. Big Boss, comandante de FOXHOUND envía a Gray Fox, o mellor soldado da unidade, a aquel lugar. Pero nun momento pérdese o contacto con Gray Fox. O último que se le nas súas mensaxes é "METAL GEAR..." Big Boss decide enviar a Solid Snake a ver que sucedeu con Gray Fox, rescatalo e acabar co Metal Gear que ameaza aos EEUU. Snake, ao rescatar a Gray Fox e chegar ao Metal Gear, dáse conta que o líder de Outer Heaven é nin máis nin menos que Big Boss. Polo que Solid Snake vese na obrigación de loitar contra el e vencelo.

En Metal Gear 2: Solid Snake[editar | editar a fonte]

Solid Snake é sacado do retiro por Roy Campbell, o novo comandante de FOXHOUND, para levalo a Zanzibar Land, unha nación fortaleza coas mesmas intencións que Outer Heaven. Aí debía rescatar ao Dr. Marv, destruír o Metal Gear D e recuperar a fórmula OILIX. Snake dáse conta que Big Boss estivo a cargo de todo Zanzibar Land e non morto como cría. Máis tarde enfróntase a Gray Fox ao mando de Metal Gear D e sae victorioso. Logo, vence a Big Boss cun chisqueiro improvisado.

En Metal Gear Solid[editar | editar a fonte]

Naomi Hunter inxecta a Solid Snake o virus Foxdie en forma de vinganza pola suposta morte do seu irmán Gray Fox nos acontecementos de Zanzibar Land. O grupo de elite FOXHOUND revelouse e tomou o control da base na illa de Shadow Moses, en Alaska. Solid Snake é recrutado por Roy Campbell para poder terminar coa ameaza.

Snake infíltrase en Shadow Moses e dáse conta que a cargo de FOXHOUND está Liquid Snake, o seu irmán xemelgo e que se queren facer co control de Metal Gear REX, un tanque bipedal coa capacidade de lanzar mísiles nucleares desde calquera lugar do mundo. Ten como misión rescatar a Donald Anderson (Sigint) xefe de DARPA. Snake vence a Liquid Snake e ao Metal Gear REX coa axuda de Meryl Silverburgh e Gray Fox. Tamén coñece a Otacon, o seu inseparable compañeiro en gran parte da saga.

En Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty[editar | editar a fonte]

Aquí móstrase un Snake bastante máis maduro con respecto a MGS1, formou a súa propia compañía xunto a Otacon, a chamada Philantropy Anti-Metal Gear. Solid Snake tense que infiltrar e tomar probas fotográficas nun petroleiro que se supón leva un novo prototipo de Metal Gear, camuflado como carga no petroleiro. Snake logra atopar o Metal Gear Ray,e tira as fotos. Pero nese momento Liquid Snake, toma o control do corpo de Revolver Ocelot, que se implantou o brazo de Liquid Snake e escapa co novo Metal Gear. A Snake dáselle por morto no incidente. Dous anos máis tarde atópase no Big Shell, faise pasar como Iroquis Pliskin, o único membro sobreviviente de S.E.A.L, ante Raiden. Logo, cando aparece Solidus Snake e faise pasar por Solid, Solid Snake vese obrigado a revelar a súa identidade ante Raiden. Máis tarde Raiden rescatará a Emma Emmerich (A irmá de Otacon), quen introduce un virus na base de datos do GW, que fai colapsar ao Metal Gear RAY que se desenvolveron durante os 2 anos do incidente do petroleiro. Non obstante, Emma morre a mans dun membro de Dead Cell, grupo que colabora con Liquid, Vamp. Logo Snake lánzase ao mar tras o seu irmán, Liquid, quen controlaba o Metal Gear RAY e logra introducir un transmisor para saber a posición de RAY.

En Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots[editar | editar a fonte]

En Metal Gear Solid 4 móstrase a un Snake bastante maior debido a que é un clon, e ao crealo, programaron as súas células para vivir menos que unha persoa normal e agora será coñecido como Old Snake. A priori só lle quedan 6 meses de vida, segundo Naomi. (Aínda que todos o chaman Solid Snake, no xogo o seu nome é Old Snake)

É recrutado por última vez por Roy Campbell para deter a Liquid Snake que tomou por completo o control de Ocelot, facéndoo Liquid Ocelot, en Oriente Medio. Alí coñece a Drebin, quen lle inxecta un novo Foxdie (ao final do xogo decatámonos que este novo Foxdie non matará á humanidade, só aos ex integrantes dos Patriots traidores. Este virus substitúe ao FoxDie orixinal, inxectado pola doutora Naomi Hunter antes do incidente de Shadow Moses. Tamén coñece á Rat Patrol 01. Snake falla esa misión e é recollido por Jhonny Sasaki, o único home de Rat Patrol 01 (Nova FOXHOUND formada por Maryl Silverburgh) en pé.

Máis tarde trasládase a Sudamérica, onde coñece ao grupo Beauty And The Beast Unit (B & B), e onde rescata a Naomi coa axuda de Drebin.

Máis tarde viaxa a Europa do leste, para encontrarse cunha líder da resistencia anti-PMCs máis coñecida como Big Mamma (quen resultaría ser EVA, a nai dos clons de Big Boss). Esta ponlle ao tanto da creación de os Patriots, que era unha oranización clandestina formada por Major Zero para seguir os ideais de The Boss. Logo buscan o corpo de Big Boss, corpo que resulta ser o de Solidus Snake, Liquid tírao á lume no Rio Volta e EVA morre nos brazos do seu fillo a causa do novo virus Foxdie que Snake leva no seu corpo.

Logo diríxese á illa de Shadow Moses para evitar que Liquid Snake roube a Rail Gun do Metal Gear REX, misión que termina fallando e a Rail Gun é roubada. Despois Solid Snake inxéctalle unha xeringa a Vamp e inutiliza as nanomáquinas que recuperaban as súas feridas rapidamente, cousa que lle facía inmortal. Naomi acaba por fin co seu sufrimento e lle inxecta unha xeringa que mata a Vamp, acto seguido Naomi suicídase.

Mentres, Otacon co seu Metal Gear Mk. III repara o Metal Gear REX e escapan nel. Ao saír, Solid Snake montado en REX e Liquid Ocelot montado en RAY loitan nunha pelexa épica, REX sae vitorioso, pero Liquid mostra seu nova creación, un novo Outer Heaven xuntando as 5 PMC's máis grandes para combater aos Patriots. Este Outer Heaven contaba coa Rail Gun e o sistema GW no seu interior. Liquid Snake con Outer Heaven intenta matar a Snake pero nese intre aparece Raiden, que estaba atrapado nas rochas, curta o seu brazo e pon a súa vida en serio perigo para salvar a Snake.

Máis tarde, Snake se infiltra en Outer Heaven para eliminar a Rail gun, o sistema GW e a Liquid Ocelot. Termina vencendo a Liquid Ocelot nun combate corpo a corpo histórico coa axuda do virus Foxdie que termínao matando (Neste combate o verdadeiro Revolver Ocelot aparece, e fai os xestos que empregara en MGS3).

No epílogo Snake esta a piques de suicidarse no cemiterio ao lado da tumba de The Boss e Big Boss, cando de repente aparece Big Boss co fusil Patriot de The Boss. Big Boss abraza a Solid Snake e comeza a explicación de por que el seguía vivo. Big Boss explícalle que o corpo queimado no rio Volta era o de Solidus (xa que os dous son idénticos) e que despois de Zanzibar o seu corpo foi mantido en estado morte-vida e era reconstruído con partes de Liquid e Solidus

Tamén o pon ao tanto da creación dos Patriots, o por que se retirou da institución e os seus motivos para crear Outer Heaven e Zanzibar Land. Logo Big Boss mostra ao Major Zero (fundador dos Patriots) en estado vexetal, e pouco despois, acaba con el. Xusto despois empeza a morrer a causa do Foxdie que mataría a todos os ex-Patriots (explicado por Big Boss, este novo virus non mataría á humanidade, só aos ex-Patriots), fuma o seu último puro e saúda por última vez á lápida de The Boss.

As últimas palabras de Big Boss foron: "This is good, isn't it?" ( Isto este ben, non cres?), e morre nos brazos do seu fillo, a causa do Foxdie que leva no seu corpo Solid Snake.

Máis tarde nunha conversa telefónica escoítase a Solid Snake falando con Otacon, dicíndolle que vivirá o que lle queda de vida, sen armas. Otacon apóialle e acompáñalle ata o último dos seus días.

Aparicións especiais[editar | editar a fonte]

Solid Snake fai a súa aparición no xogo Super Smash Bros. Brawl, como personaxe xogable desbloqueable. Este personaxe foi feito cunha combinación de Naked Snake (Big Boss) e Solid Snake.