Sláine mac Dela
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sláine (Sláinge, Slánga), fillo de Dela, do povo dos Fir Bolg, foi segundo a lenda o primeiro Rei Supremo de Irlanda. A súa muller era Fuad.
Os Fir Bolg invadiron Irlanda con 5000 homes. Sláine e os seus catro irmáns, que eran descendentes dun dos fillos de Nemed, dividíronse Irlanda. Sláine, o máis novo quedouse con Leinster, Gann o norte de Munster, Sengann o sur de Munster, Genann con Connacht e Rudraige con Ulster. Sláine foi elixido por eles como rei supremo. A súa súa porción dos Fir Bolg foi coñecida como Gailióin, o nome das súas lanzas (en irlandés antigo gáe).
Sláine só reinou durante un ano, xa que morreu en Dind Ríg, Condado de Carlow e foi enterrado en Slane, Condado de Meath. Foi sucedido polo seu irmán Rudraige.
| Títulos Reais | ||
|---|---|---|
| Precedido por ningún |
Rei Supremo de Irlanda AFM 1934-1933 adC FFE 1514-1513 adC |
Sucedido por Rudraige |
Véxase tamén [editar]
- Leabhar Ghabhála Érenn
- Annála na gCeithre Máistrí M3266-M3267 aparece como Slainghe
- Seathrún Céitinn nas seccións VIII e IX da súa Historia de Irlanda.