Sjálvstýrisflokkurin
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Sjálvstýrisflokkurin | |
|---|---|
| Partido político das Illas Feroe | |
| Líder | Kári Páll Højgaard |
| Fundación | 1906 |
| Sede | Madouplein 8 bus 9 1210 Bruxelas |
| Ideoloxía | Liberalismo |
| Representación | 2 escanos de 33 no Løgting |
| Páxina web | www.sjalvstyri.fo |
O Partido do Autogoberno ou Sjálvstýrisflokkurin (tamén Partido da Independencia) é un partido político de carácter social-liberal das Illas Feroe. O partido está liderado por Kári P. Højgaard.
Nas eleccións do 20 de xaneiro de 2004, o partido obtivo o 4.6% dos votos e 1 dos 32 escanos. O partido ten apoiado tradicionalmente unha grande autonomía para as illas, pero en 1994 accedeu a dar apoio á independencia feroesa e formar parte dunha coalición cos partidos Tjóðveldisflokkurin e Fólkaflokkurin.