Shantou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 23°21′N 116°40′E / 23.35°N 116.667°E / 23.35; 116.667

China-shantou03.jpg
Shantou in China.png

Shantou é unha cidade de China, no estremo sueste do país e da provincia de Guandong á que pertence. Situada nun enclave portuario privilexiado, ao abrigo da baía do seu nome que é a vez fouce do delta do río Han que ven do norte, e amplo esteiro do Rong que flúe dende o oeste, desembocando ambos no Mar do Sur da China.

Dita situación predestinou á pequena vila de pescadores a seren a partir de 1858 o segundo porto na rexión tralo da capital provincial, Cantón, cando China tivo que abrirse comercialmente a occidente. En 1922 un tifón taponouno. Máis en 1979 foi elixida coma unha das Zoas Económicas Especiais, o que significou a súa recuperación coma importante porto e obxectivo de inversións estranxeiras. Todo o cal ten feito incrementar enormemente a súa poboación (1.167.430h, censo 2000) e convertela en centro dunha gran área metropolitana (4.320.000h, 2001).

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Outros artigos [editar]