Sallawassi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sallawasi foi unha cidade de Asia Menor, situada probabelmente en Misia.

Cando Tudhaliyas II atacou Arzawa para restaurar a Madduwattas de Zippasla, as forzas de Arzawa e os hititas enfrontáronse a Sallawasi e os hititas venceron. O rei derrotado, Kupanta-Kurunta, escapouse so e con dificultade e Madduwattas foi reinstalado no seu palacio en Zippasla.