Rosie O'Donnell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosie O'Donnell en 2006

Roseann "Rosie" O'Donnell, nada o 21 de marzo de 1962 en Nova York, é unha humorista, actriz, escritora e activista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O'Donnell perdeu a súa nai durante a preadolescencia o que foi determinante na súa actividade en prol dos dereitos da infancia e apoiar ás familias. Comezou a súa carreira na adolescencia como humorista actuando en clubs e participando aos vinte anos en Star Search, un programa de televisión na procura de talentos. A súa primeira aparición nunha serie de televisión foi en Gimme a Break! en 1986 e a primeira longametraxe na que actuou foi A League of Their Own en 1992. Desde 1996 ata 2002 presentou o seu propio programa de televisión, The Rosie O'Donnell Show, co que gañou varios premios Emmy, neses anos escribiu o seu primeiro libro, unha obra de memorias titulada Find Me (2002), utilizou os tres millóns de dólares que lle deu o libro para establecer a súa propia fundación, For All Kids, e promover outros proxectos. Dous meses antes de rematar o seu programa recoñeceu que era lesbiana, declarando que dera ese paso para chamar a atención sobre a adopción por parellas homosexuais[1]. En 2006 converteuse na nova primeira moderadora do programa The View, que conduciu a controversias polos seus puntos de vista liberais e a súa forte personalidade, como a das políticas da administración Bush na Guerra de Iraq, que levaron ao cancelamento do seu contrato en 2007, ano no que botou ao prelo o seu segundo libro de memorias, Celebrity Detox. En novembro de 2009 comezou un programa na radio, "Rosie Radio", programa diario de dúas horas no que se discuten novas e acontecementos na Sirius XM Radio. No outono de 2011 está previsto que volva á televisión na canle de Oprah Winfrey.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]