Rexión de Moravia-Silesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rexión Moravia-Silesia")
Localización da Rexión Moravia-Silesia

Rexión Moravia-Silesia (checo: Moravskoslezský kraj) é unha rexión (kraj) de Chequia, localízase na parte nordeste da rexión histórica de Moravia e é na súa maioría a parte checa da rexión histórica de Silesia. É unha rexión industrial, durante a época comunista desenvolveuse a industria pesada pero desde a fin do réxime comunista esas empresas entraron en declive e a rexión agora ten un alto índice de desemprego. A rexión abrangue 5.445 km² e ten 1.250.769 habitantes (2006), a capital é Ostrava.

Etnias[editar | editar a fonte]

O 86.9% da poboación defínese como checa, 3.3% como eslovaca, 3.0% como polaca, 2.3% como moravia, 0.8% como silesia, 0.3% como alemá e 0.2% como roma. O 52.3% declárase como ateos, o resto é na súa maioría católicos.

Asemblea[editar | editar a fonte]

A Asemblea da Rexión Moravia-Silesia conta con 65 deputados, o Partido Cívico Democrático ten 29, o Partido Comunista de Bohemia e Moravia 17, Partido Socialdemócrata Checo 11 e a Unión Cristiá e Demócrata-Partido Popular Checoslovaco 8.

Distritos[editar | editar a fonte]