Resistencia Crítica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Resistencia Crítica (Critical Resistance) é unha organización estadounidense que pretende crear un movemento de masas para botar abaixo o que denominan "complexo industrial de prisións". O termo foi acuñado no 1998 cando miles de presos, familiares, activistas, académicos e intelecuais revitalizaton o activismo contra as prisións nos Estados Unidos.

Angela Davis, Rose Braz e Ruth Wilson Gilmpore atópanse entre os fundadores de Resistencia Crítica. A organización está organizada con base no voluntarismo e conta con oficinas por todo o país que funcionan independentemente.

Entre as súas actividades cóntanse a vixiancia da actividade policial, a promoción da educación nas prisións, traballo mediático de consciencia para parar o boom de construción de prisións en california, e a creación dun sistema de seguridade que non estea baseado na represión e o encarceramento como solución e control dos problemas políticos e económicos.

Ligazón externa[editar | editar a fonte]