Republic P-47 Thunderbolt
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Republic P-47 Thunderbolt | |
|---|---|
| Thunderbolt en 2001 | |
| Tipo | Caza |
| Fabricante | Republic Aviation Company |
| Deseñado por | Alexander de Seversky, Alexander Kartveli |
| Primeiro voo | 6 de maio de 1941 |
| Introducido | 1942 |
| Retirado | 1966 |
| Construídos | 15.686 |
O Republic P-47 Thunderbolt foi un caza estadounidense usado durante a Segunda Guerra Mundial. Desenvolveuse a partir do P-43 e o seu prototipo voou por primeira vez o 6 de maio de 1941. Usouse fundamentealmente como caza, pero tamén foi un bo avión de ataque ao chan e usouse nestas tarefas especialmente despois do desembarco de Normandía. Tiña oito metralladoras de 12,7 mm, catro en cada á, e completamente cargado podía superar as 8 toneladas de peso. Construíronse 15.686 unidades de todas as súas versións.
Especificacións [editar]
- Tipo: monopraza de caza e cazabombardeo Republic P-47D-25 Thunderbolt.
- Planta motriz: un Pratt & Whitney R-2800-59 de 2.535 hp de potencia.
- Envergadura: 12,43 m
- Lonxitude: 11,01 m
- Peso máximo en despegue: 8.800 Kg
- Velocidade máxima: 428 millas/h a 30.000 pés.
- Alcance operacional: 475 millas.
- Armamento: oito ametralladoras de 12,7 mm e capacidade para 1.134 kg de bombas ou dez foguetas de 127 mm baixo a fuselaxe ou as ás.