Rehab (Rihanna)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Rehab»
Música de Rihanna
do Álbum Good Girl Gone Bad
Lanzamento 6 de outubro do 2008
Formato {{{formato}}}
Gravada Xaneiro do 2007
Xénero musical R&B
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración {{{duración}}}
Discográfica Def Jam · SRP
Produtor(es) Timbaland · Hannon Lane · Justin Timberlake
Escritor(es) Justin Timberlake · Timothy Mosley · Hannon Lane
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Rehab" é unha canción gravada pola cantante barbadense Rihanna para o seu terceiro álbum de estudio, Good Girl Gone Bad (2007). Estreada por parte de Def Jam Recordings nas emisoras de radio dos Estados Unidos o 6 de outubro de 2008, daría nome ó sinxelo, oitavo e derradeiro daquel álbum, que sería lanzado en formato CD no Reino Unido o 8 de decembro do 2008.

Rihanna comezou a traballar na canción mentres acompañaba a Timbaland na xira do FutureSex/LoveShow de Justin Timberlake en 2007. Escrita por Timberlake en colaboración cos seus produtores, Hannon Lane e Timbaland, "Rehab" é unha canción de R&B de ritmo medio cun estribillo conmovedor e melancólico; nela reflíctense as lembranzas cheas de dor do seu antigo amor, do cal fala coma se dunha enfermidade se tratase.

"Rehab" logrou meterse nas dez primeiras posicións das listas de sinxelos en Austria, Alemaña, os Países Baixos e Noruega. Acadou o número 16 na do Reino Unido, e nos EUA o número 18 nos Hot 100 da revista Billboard. Obtivo o certificado dobre platino da Asociación de Industria Discográfica de América. Anthony Mandler dirixiu o vídeo musical, o cal gañou o Premio de Música Urbana ó mellor Vídeo de musical. Rihanna interpretaría "Rehab" na xira de Good Girl Gone Bad (2007–09), e ocasionalmente na de Last Girl on Earth (2010–11).