Pudinga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha sección puída de pudinga de Hertfordshire.

As pudingas son un tipo de conglomerado formado por croios caracteristicamente redondeados cuxa cor adoita contrastar coa matriz de gran fino que os rodea, xeralmente areosa, e co cemento. Os croios redondeados de cor contrastada dánlle a este tipo de conglomerados a aparencia de uvas ou pudin.[1][2] Hai diferentes tipos de pudingas, con diferenzas en composición, orixe e distribución xeográfica. Exemplos de pudingas de diferentes tipos son as pudingas de Hertfordshire, Schunemunk, Roxbury e illa de St. Joseph (illa Drummond).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Neuendorf, K.E.K., J.P. Mehl, Jr., and J.A. Jackson (2005) Glossary of Geology. Springer-Verlag, Nova York, 779 pp., ISBN 3-540-27951-2
  2. The McGraw-Hill Companies (2003) McGraw-Hill dictionary of geology and mineralogy, 2nd ed. The McGraw-Hill Companies, Inc, New York, 420 pp., ISBN 0-07-141044-9

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]