Provincia de Alborz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Alborz.

A provincia de Alborz (en persa: استان البرز‎, Ostan-e Alborz) é unha das 31 provincias de Irán, con capital en Karaj. Foi estabelecida coa división da provincia de Teherán en dúas provincias, coa aprobación parlamentaria do 23 de xuño de 2010.

Situada ao norte de Teherán, a provincia consta de 4 cantóns, os de Karaj, Savojbolagh, Taleghan e Nazarabad.

Segundo o censo de 2011, a poboación é de 2.412.513 habitantes.