Provincia de Chaiyaphum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Provincia Chaiyaphum")
Chaiyaphum
Capital Chaiyaphum
Rexión Rexión Nordeste
Poboación 1.095.360 habitantes
Censo abril de 2000
Área 12.778,3 km²
Densidade 85,72 hab/km²
Poboación estimada 1.136.508 habitantes (xullo de 2002)
Localización da provincia
Thailand Chaiyaphum.png

Chaiyaphum (en tailandés: ชัยภูมิ) é unha provincia do nordeste da Tailandia. A súa capital é a cidade de Chaiyaphum.

As provincias tailandesas limítrofes son, empezando polo norte e seguindo o sentido das agullas do reloxo: Khon Kaen, Nakhon Ratchasima, Lopburi e Phetchabun.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

“Chai ya” é de orixe sánscrita e significa vitoria, e a palabra do sánscrito Phum Bhumi significa o mundo ou a terra. O nome da provincia significa literalmente a terra da vitoria.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A provincia pártese en dous mediante a cordilleira de Phetchabun, coa elevación máis alta da provincia. O leste da provincia pertence á meseta de Khorat. Existen catro parques nacionais na provincia. O parque nacional Tat Thon atópase no nordeste da provincia, con algunhas cascadas e bosques secos de dipterocarpaceas. O punto turístico máis importante atópase no parque nacional Sai Thon, coa fervenza Sai Thong, como tamén con campos de tulipáns tailandeses. Campos similares poden ollarse tamén no parque nacional Pa Hin Ngam no suroeste da provincia. Este parque ten a súa fama polas formacións rochosas de formas estrañas que contén. O parque nacional Phu Laenkha cobre unha área de montes arborados ao noroeste da cidade de Chaiyaphum.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Selo provincial.

O selo provincial é unha bandeira triangular que é o símbolo da vitoria na guerra.

A árbore da provincia é a Cassia siamea, e a flor é a Curcuma alismatifolia.

O lema da provincia é: "Cidade enmeigada, lar de heroes, de picos de montañas, bosques de elefantes, fervenzas, bonita seda, encantadoras mulleres, budistas conscientes..

Distritos[editar | editar a fonte]

Distritos da provincia.

A provincia está subdividida en 15 distritos (amphoes) e 1 subdistrito (king amphoe). Os distritos e subdistritos son á súa vez divididos en 124 comunas (tambons), e estas en 1393 poboados (moobans).

Amphoe King Amphoe
  1. Chaiyaphum
  2. Ban Khwao
  3. Khon Sawan
  4. Kaset Sombun
  5. Nong Bua Daeng
  6. Chatturat
  7. Bamnet Narong
  8. Nong Bua Rawe
  1. Thep Sathit
  2. Phu Khiao
  3. Ban Thaen
  4. Kaeng Khro
  5. Khon San
  6. Phakdi Chumphon
  7. Noen Sa-nga
  1. Sap Yai


Provincias de Tailandia Bandeira de Tailandia

Amnat Charoen | Ang Thong | Bueng Kan | Buriram | Chachoengsao | Chainat | Chaiyaphum | Chanthaburi | Chiang Mai | Chiang Rai | Chonburi | Chumphon | Kalasin | Kamphaeng Phet | Kanchanaburi | Khon Kaen | Krabi | Lampang | Lamphun | Loei | Lopburi | Mae Hong Son | Maha Sarakham | Bangkok | Mukdahan | Nakhon Nayok | Nakhon Pathom | Nakhon Phanom | Nakhon Ratchasima | Nakhon Sawan | Nakhon Si Thammarat | Nan | Narathiwat | Nong Bua Lamphu | Nong Khai | Nonthaburi | Pathum Thani | Pattani | Phang Nga | Phatthalung | Phayao | Phetchabun | Phetchaburi | Phichit | Phitsanulok | Phra Nakhon Si Ayutthaya | Phrae | Phuket | Prachinburi | Prachuap Khiri Khan | Ranong | Ratchaburi | Rayong | Roi Et | Sa Kaeo | Sakon Nakhon | Samut Prakan | Samut Sakhon | Samut Songkhram | Saraburi | Satun | Sisaket | Sing Buri | Songkhla | Sukhothai | Suphan Buri | Surat Thani | Surin | Tak | Trang | Trat | Ubon Ratchathani | Udon Thani | Uthai Thani | Uttaradit | Yala | Yasothon |

editar