Prepucio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prepucio
UnLabelled flaccid penis.jpg
Prepucio recubrindo a glande dun pene fláccido.
Latín prepucium
præputium
Gray's asunto #262 1250
Arteria Arteria dorsal do pene
Nervio(s) Nervio dorsal do pene
Precursor Tubérculo uroxenital
Dobras uroxenitais
MeSH Foreskin

O prepucio é a pel que recobre a glande do pene. Tamén é o tegumento de menor tamaño que recobre o clítoris nas mulleres.

Anatomía do prepucio humano[editar | editar a fonte]

Anatomía masculina.

O prepucio é unha dobra cilíndrica de pel, que pola cara externa presenta epitelio queratinizado e pola cara interna que está en contacto coa glande é unha mucosa de epitelio menos queratinizado. O prepucio e a glande están unidos entre si por unha dobra medio anterior chamada freo do pene e en toda a súa circunferencia posterior polo suco balanoprepucial. A circunferencia anterior do prepucio corresponde co bordo libre do prepucio e denomínase orificio ou anel prepucial.

Entre a glande e o prepucio existe unha cavidade virtual, a chamada cavidade do prepucio. En casos de falta de hixiene, nesta zona pode formarse unha substancia chamada esmegma.

A lonxitude do prepucio varía moito segundo os individuos. Unhas veces prolóngase até o vértice da glande e sobrepasa por diante do pene unha especie de vestíbulo. Isto é o que ocorre na maioría dos nenos até a puberdade. No adulto pode persistir esta disposición, ou retraerse parcial ou totalmente.

Funcións do prepucio[editar | editar a fonte]

O prepucio ten catro funcións:

  • Protectora
  • Sensorial
  • Mecánica
  • Almacena o olor do glande

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prepucio