Prácrito
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Prákrito")
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O prácrito é unha familia de idiomas e dialectos índicos que se falaban na antiga India. Mentres que o sánscrito era un idioma culto utilizado polos bráhmanas (sacerdotes) nos rituais relixiosos, como vehículo do hinduismo brahmánico, o prácrito foi o medio polo que se difundiron crenzas heterodoxas como o xainismo (en idioma prácrito majarastri) ou o budismo (en idioma palí).