Pow wow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran entrada no Pow wow de Omaha en 1983.
Bailaríns tradicionais en Montana, 2007.

Un pow wow (also powwow ou pow-wow) é unha reunión dos pobos indíxenas de Norte América. O termo deriva da palabra Narragansett powwaw, que significa "líder espiritual". Un pow-wow moderno é un tipo de evento específico onde os nativos americanos/primeiras nacións se reúnen para bailar, cantar, socializar e honrar a súa cultura. Xeralmente hai unha competición de danza, con significativos premios económicos. Pow wows teñen unha duración variable de entre seis horas e tres días. Os pow wows de ocasións especiais poden durar ata unha semana.

O termo ten sido empregado para describir calquera reunión de tribos nativas americanas, e pode ser escoitado con frecuencia nos vellos Westerns. Tamén se fixo uso dela para falar de consellos militares de oficiais, pero o seu uso é visto pouco respectuoso coa cultura nativa.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]