Pornografía gonzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodaxe dun filme gonzo. O actor leva unha cámara na súa fronte para gravar a escena.

A "pornografía gonzo" fai referencia ás producións onde o operador de cámara ou o director intervén na acción, falando aos actores ou sendo un actor el mesmo.[1] As películas pornográficas gonzo usualmente só realizan unha ou dúas actividades que posiblemente non inclúen sexo tradicional. A intención desta técnica é involucrar á audiencia na acción.

O director e produtor John Stagliano é considerado o inventor deste xénero, ao implementalo por primeira vez na serie de películas Buttman.[1]

Un claro exemplo disto son os castings realizados por Pierre Woodman para a compañía Private.

Notas[editar | editar a fonte]