ADN polimerase alfa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pol α»)
ADN polimerase alfa
Identificadores
Número EC 2.7.7.7
Número CAS 9012-90-2
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum

A ADN polimerase alfa tamén chamada DNA polimerase alfa ou Pol α é un complexo encimático que se encontra en eucariotas, que está implicado na iniciación da replicación do ADN. O complexo da ADN polimerase alfa consta de 4 subunidades: POLA1, POLA2, PRIM1, e PRIM2.[1]

A Pol α ten unha procesividade limitada e carece de actividade 3′ exonuclease para a corrección de erros. Deste modo, non é moi axeitada para copiar de forma precisa e eficiente longos moldes de ADN (a diferenza das Pol Delta e Epsilon). En lugar diso, ten un papel máis limitado na replicación. A Pol α é responsable da iniciación da replicación do ADN nas orixes de replicación (tanto na febra líder coma na retardada) e durante a síntese dos sucesivos fragmentos de Okazaki na febra retardada. O complexo da Pol α (complexo da pol α-ADN primase) consta de catro subunidades: a subunidade catalítica POLA1, a subunidade reguladora POLA2, e as subunidades primase pequena (PRIM1) e grande (PRIM2). Unha vez que a primase creou o cebador ou primer de ARN, a Pol α empeza a replicación elongando o cebador uns 20 nucleótidos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lehman IR, Kaguni LS (March 1989). "DNA polymerase alpha" (PDF). J. Biol. Chem. 264 (8): 4265–8. PMID 2647732. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]