Política de Hungría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe do primeiro ministro húngaro Gordon Bajnai

O Presidente da República, electo polo parlamento cada catro anos , ten un papel cerimonial, aínda que os seus poderes inclúen o nomeamento do primeiro ministro. O primeiro ministro escolle ós membros do goberno e ten o dereito exclusivo a destituílos. Cada un dos nomeados para o goberno debe presentarse diante dun ou máis comités parlamentarios e ten que ser formalmente aprobado polo presidente.

A Asemblea Nacional unicameral, con 386 membros (ou Országgyűlés), é o máis alto órgano de autoridade do estado e propón e aproba a lexislación co aval do primeiro ministro. Un partido ten que obter polo menos o 5% dos votos para poder formar un grupo parlamentario. As eleccións parlamentarias nacionais teñen lugar cada catro anos (a última tivo lugar no abril de 2006).

Nos partidos húngaros as principais tendencias políticas son: a esquerda (a centro esquerda e a extrema esquerda) e a dereita (a centro dereita e a extrema dereita). Os partidos políticos húngaros máis importantes son:

  • O Partido Socialista Húngaro = MSZP - Magyar Szocialista Párt
  • A Alianza de Demócratas Libres = SZDSZ - Szabad Demokraták Szövetsége
  • A Alianza de Xoves Demócratas = FIDESZ - Fiatal Demokraták Szövetsége
  • Foro Democrático Húngaro = MDF - Magyar Demokrata Fórum