Plurale tantum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Plurale tantum é un fenómeno léxico e morfolóxico que consiste en mencionar un obxecto coa forma plural, sexa referido a un ou a varios elementos. Isto adoita pasar cando o obxecto vai sempre en grupos (esquí) ou como se é un con dúas partes simétricas (pantalón, lente, tesoira, alicate). Esta circunstancia tamén acontece noutras linguas indoeuropeas, e por exemplo, o feminino colectivo galego procede do plural do neutro latino en -a: "leña" procede do latín legna, plural de legnum, "leño".

A expresión latina orixinal plurale tantum está en singular, e o seu plural é pluralia tantum.