Pierīga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPierīga

Localización
Mapa
 57°N 24°L / 57, 24Coordenadas: 57°N 24°L / 57, 24
EstadoLetonia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación390.676 (2023) Editar o valor em Wikidata (38,52 hab./km²)
Xeografía
Superficie10.142,03 km² Editar o valor em Wikidata
Código NUTSLV007 Editar o valor em Wikidata

Pierīga, é unha das seis rexións estatísticas de Letonia. Non exerce funcións de goberno, soamente funcións estatísticas e de recollida pública de datos. É a rexión central que circunda a capital do país, Riga, ten unha superficie de 10.134 km², e en 2018, tiña unha poboación de 370,504 habitantes e unha densidade de poboación de 36.5 habitantes/km². [1]

Foi creada como unha marca (latín: marchia) medieval o 15 de marzo de 1226, cando o legado pontificio Guillerme de Módena deseña a solución da Terra Mariana para resolver os conflitos derivados da Cruzada de Livonia na zona. Ata o 1606 era coñecida como a Recalada de Riga, cando foi incorporada á Livonia Sueca pasou a coñecerse como a Reserva de Riga. A entidade sufriu diversas variacións de distritos interna, como a adquisición de Cēsis, cidade de gran tamaño que co tempo volveu a Vidzeme. Coa chegada da independencia de Letonia en 1990 os distritos de Pierīga foron reasignados como parroquias. No ano 2003 nacen as rexións estatísticas de Letonia e en abril de 2004 a forma final da rexión estatística de Pierīga. Os seus distritos mudan ata o ano 2009 seguindo as diversas reformas do territorio aprobadas pola Saeima. Finalmente os concellos incluídos na rexión son os de Adazi, Babite, Carnikava, Garkalne, Inčukalns, Krimulda, Kekava, Mālpils, Mārupe, Olaine, Ropaži, Salaspils, Saulkrasti, Sēja, Sigulda e Stopiņi. [2]

Galería[editar | editar a fonte]

Praia de Saulkrasti

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rexión de Pierīga. Statistical Region in Latvia". 1 de xaneiro de 2018. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  2. "historia de Pieriga". Academic Accelerator. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2023. Consultado o 10 de decembro de 2023. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]