Percival James Patterson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
P. J. Patterson, 2005

Percival Noel James Patterson (nado o 10 de abril de 1935). Primeiro ministro de Xamaica dende 1992 ata 2006. Líder do Partido Nacional Popular.

Un avogado educado en Inglaterra, Patterson entrou na política no ano 1969, cando foi elixido como deputado dun distrito no oeste da illa. Serviu como ministro nos gobernos de Michael Manley (1972-80, 1989-92). Está considerado como o primeiro líder nacional xamaicano de raza negra (a maioría dos seus predecesores foron mulatos, e un, Edward Seaga, de raza branca).