Pelias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega, Pelias era fillo de Tiro e Poseidón, e irmán xemelgo de Neleo. Tiro estaba casada con Creteos, pero estaba namorada de Enipeo, un deus fluvial. Este, aínda que compracido, non estaba interesado nela. Poseidón, aproveitando a situación, disfrazouse de Enipeo e gozou con ela. Desta unión, naceron os xemelgos Pelias e Neleo.

Pelias tiña sede de poder e quixo apoderarse de toda a Tesalia, así que enviou ao exilio a Neleo e meteu na cadea a Aesón. Mentres estaba encadeado, Aesón casou e tivo varios fillos, sendo o máis famoso Xasón. A este, Aesón enviouno con Quirón, o centauro, para que o instruíra.