Partido Socialista Popular (Dinamarca)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partido Socialista Popular (Socialistisk Folkeparti, SF) é un partido da esquerda dinamarquesa con tendencias ecoloxistas. Fundouse en 1959 cando o presidente do Partido Comunista de Dinamarca, Aksel Larsen tras condenar a invasión soviética de Hungría foi expulsado do partido. Nas eleccións xerais de 2005 tivo o 6% dos votos e 11 escanos. En outubro de 2006 tiña 9.331 militantes e o seu presidente é Annette Vilhelmsen.