Partido Social Demócrata Foral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Social Demócrata Foral
Dirixentes e organización
LíderJaime Ignacio del Burgo
Historia
Fundación21 de febreiro de 1977
Disolución19781
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia, rexionalismo navarro
1 Integración en Unión de Centro Democrático (UCD).
Membro federado do Partido Social Demócrata.

O Partido Social Demócrata Foral foi un partido político navarro activo durante a Transición.

Foi creado no verán de 1976 por Jaime Ignacio del Burgo a partir de dúas asociacións preexistentes, Causa Ciudadana e Acción Social Democrática, e inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior o 21 de febreiro de 1977,[1] presentándose en sociedade en marzo de dito ano. Formaban o seu comité executivo Jaime Ignacio del Burgo, presidente, Juan Cruz Alli, Javier Hervada, Marisa Abril e Jesús Tanco. Outro militante que posteriormente acadaría sona foi Javier Gómara.

O PSDF era membro federado do Partido Social Demócrata de Francisco Fernández Ordóñez e Rafael Arias Salgado[2] e constituíu en Navarra, xunto co Partido Demócrata Liberal de Jesús Aizpún a coalición Unión de Centro Democrático, que se presentou ás eleccións xerais de 1977 obtendo tres escanos e tres senadores (entre eles, o presidente do partido, Del Burgo). Ao transformarse a UCD en partido político en 1978, o PSDF desapareceu.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]