Parthenocissus quinquefolia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Videira virxe
Follas da vide virxe cando comezan a tornar a cor.
Follas da vide virxe cando comezan a tornar a cor.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Vitales
Familia: Vitaceae
Xénero: Parthenocissus
Especie: P. quinquefolia
Nome binomial
''Parthenocissus quinquefolia''
(L.) Planch., 1887

A videira virxe ou viña virxe (Parthenocissus quinquefolia) é unha planta rubideira de follas caducifolias moi empregada en xardíns como ornamental, especialmente para cubrir muros ou fachadas das casas. As follas son verdes e compostas, porén se tornan dun vermello intenso no outono para despois caer. Gabea con facilidade polos muros, aganchándose grazas aos gabiáns especiais que posúe, cunha especie de ventosas no extremo.