Pablo Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Iglesias
Pablo Iglesias1.jpg
Pablo Iglesias Posse
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 18 de outubro de 1850
Lugar: Ferrol, Galiza
Falecemento: 9 de decembro de 1925
Lugar: Madrid, España
Organización: Partido Socialista Obrero Español
Unión Xeral de Traballadores
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Deputado
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político e sindicalista
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
Pabloiglesias-signatura.jpg
{{{web}}}
Monólito na honra de Pablo Iglesias no Cantón de Molíns (Ferrol)

Pablo Iglesias Posse, nado en Ferrol o 18 de outubro de 1850 e finado en Madrid o 9 de decembro de 1925, foi o fundador do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Fillo de Juana Posse, Pablo Iglesias naceu nunha familia humilde. Frecuentou a escola entre os seis e os nove anos, cando o seu pai, funcionario público, morre. Ós 9 anos emigrou xunto á súa nai e ó seu irmán menor Manuel (que máis tarde morrería de tuberculose) a Madrid. Alí a súa nai vivía como pedinte, polo que debido á falta de fondos da nai, foi ingresado no hospicio de San Fernando, que abandonou ós 12 anos. Acabados os seus estudos primarios e de tipógrafo, entrou a traballar nunha imprenta á vez que asistía a clases nocturnas de francés pagadas por el mesmo.

Fundación do PSOE[editar | editar a fonte]

Durante o Sexenio Revolucionario (1869-1875) A Internacional deu unha serie de charlas en Madrid, ás cales Pablo asistíu, entrando a formar parte da sección de tipógrafos en 1870. Tras isto, comezou a sufrir persecucións e despedimentos por parte de distintas imprentas até que en 1874 conseguiu acceder á presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir. Dende este posto comezou a preparar dende a clandestinidade un novo partido político de corte obreiro-socialista, que culminou o 2 de maio de 1879 coa fundación clandestina do PSOE na Casa Labra xunto a 16 tipógrafos, 4 médicos, un doutor, dous xoieiros, un marmorista e un zapateiro.

En 1885, tras abandonar a presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir conseguiu o máximo posto na Federación Tipográfica Española.

O 12 de maio de 1886 sae á luz o primeiro número d’El Socialista, revista de corte obreiro-sindicalista fundada por el mesmo e que se continúa editando na actualidade. Entre os seus traballos coma xornalista cómpre destacar a súa colaboración nos xornais La Solidaridad e La Emancipación.

Fundación de UXT[editar | editar a fonte]

En 1888 fundou a Unión Xeral de Traballadores (UXT), accedendo á súa presidencia en 1889. Este mesmo ano acudiu ao Congreso fundacional da II Internacional como representante portavoz do PSOE.

En 1890 encabezou a primeira manifestación do 1 de Maio en España, na que se esixía a xornada laboral de 8 horas e o cesamento do emprego de nenos en actividades laborais. Tamén nese ano celebrou o II Congreso do PSOE, no que se decidiu participar nas eleccións como partido republicano de corte obreiro-socialista. De feito nas eleccións de 1905 Pablo Iglesias, Largo Caballero e García Ormaechea saíron elixidos concelleiros por Madrid.

Primeiro deputado da historia do PSOE[editar | editar a fonte]

Monumento a Pablo Iglesias (A Coruña)

En 1908 fundou a Casa do Pobo de Madrid. En 1909 foi detido ilegalmente durante a Semana Tráxica de Barcelona como forma de represión. En 1910 o PSOE conseguiu o seu primeiro deputado da historia no Parlamento Español, que ocupou Iglesias e en sucesivas eleccións foi incrementándose o número de representantes. En 1919 cesou parcialmente das súas obrigacións políticas por mor dunha pulmonía e unha saúde cada vez máis resentida.

Escisión ideolóxica do partido[editar | editar a fonte]

En 1920 e 1921 o PSOE sufriu a escisión de dous grupos partidarios de adherirse á Internacional Comunista (III Internacional) convocada por Lenin. Estes grupos (Partido Comunista Español e o Partido Comunista Obreiro Español descontentos coa moderación do PSOE) acabaron fundando o Partido Comunista de España.

O 9 de decembro de 1925 produciuse o seu pasamento en Madrid e o seu cadáver foi embalsamado e exposto na Capela da Casa do Pobo de Madrid. 150.000 cidadáns acudiron ó seu funeral, que desembocou nunha manifestación lembrada por moito tempo.

O seu pensamento[editar | editar a fonte]

"O Partido Socialista é a enteira emancipación da clase traballadora: é dicir, a abolición de tódalas clases sociais e a súa conversión nunha soa de traballadores ceibes e iguais, honrados e intelixentes" - Pablo Iglesias.


Predecesor:
Luis Zurdo
Presidente da UGT
1889 - 1925
Sucesor:
Julián Besteiro
Predecesor:
Ninguén (fundador)
Presidente do PSOE
1879 - 1925
Sucesor:
Julián Besteiro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pablo Iglesias Modificar a ligazón no Wikidata