Nike Orion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nike Orion
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura9,00 m[1]
diámetro0,42 m[1]
masa1100 kg[1]
Etapas2[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado.
editar datos en Wikidata ]


Nike Orion foi o nome dun modelo de foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido nos anos 1970 usando unha primeira etapa Nike e unha segunda etapa Orion. Con 217 kN de pulo, podía elevar 68 kg de carga útil a 190 km de altura ou 204 kg a 90 km. O Nike funcionaba durante 3,2 segundos, mentres que o Orion o facía durante 32 segundos. Foi lanzado 180 veces para o estudo da atmosfera superior.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2023). "Nike Orion" (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]