Netlabel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Regueifa Plataforma, un exemplo de netlabel galega.

Unha netlabel, tamén chamada online label ou weblabel, é un espazo de publicación e distribución de música e traballos sonoros en formatos de son dixital (maioritariamente en MP3 e OGG) na rede.

Características[editar | editar a fonte]

As netlabels poden funcionar como un selo de discos tradicional, producindo e promovendo traballos sonoros e musicais (como álbums e compilacións). O labor dentro dunha netlabel acostuma facerse desinteresadamente, tanto por parte dos xestores da netlabel coma por parte dos artistas.

A diferenza fundamental entre netlabels e selos discográficos radica nas baixadas libres e gratuítas fronte á publicación tradicional (CD, LP, casette ou DVD). A miúdo, os sons e a música publícase baixo licenzas que permiten compartir os traballos, como as Licenzas Creative Commons. Promovendo o movemento anti-copyright.

Historia[editar | editar a fonte]

A existencia de grupos de músicos ou artistas sonoros online, retómanse practicamente ós comezos dos ordenadores persoais e comparte moitas similitudes coa demoscene e os videoxogos. Os creadores publicaban os seus traballos en formatos MOD, como parte dos music disk, que ás veces incluían un reprodutor MOD, acompañado por efectos visuais e información de texto.

Os netlabels comezaron a aparecer dende a escena tracker, cando o formato MP3 alcanzou unha grande popularidade a finais dos 90's. Moitos deles continúan dedicándose á música electrónica e estilos afíns.

Os pioneiros dos netlabels son a Kosmic Free Music Foundation (a.k.a. Kosmic, 1991 - 1999), Five Musicians (a.k.a. FM, 1995 - 2000), Tokyo Dawn Records (1997 - hoxe). Dende comezos de século cobraron unha grande importancia sitios como Internet Archive ou Scene, auténticas e inmensas mediatecas onde se atopan aloxadas unha grande cantidade de netlabels a nivel internacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]