Nakajima Ki-49
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nakajima Ki-49 | |
|---|---|
| Tipo | Bombardeiro |
| Fabricante | Nakajima |
| Construídos | 819 |
O Nakajima Ki-49 Donryu (dragón da tempestade) foi un bombardeiro pesado xaponés da Segunda Guerra Mundial. Xurdiu por un requirimento de 1938 para un substituto do bombardeiro Ki-21 e voou por primeira vez en agosto de 1939. Era un bo avión, pero quedou ensombrecido polas grandes cantidades de Ki-21 e polo mellor Ki-67. Construíronse 819 unidades e os aliados alcumárono "Helen".