Mortal Kombat (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mortal Kombat (MK) lanzouse para Arcade en 1992. É o primeiro xogo da saga caracterizada polo contido violento. A diferenza doutros xogos do xénero, o sistema de bloqueo facíase premendo un botón especial no canto de manter o control na dirección oposta ó rival. Conta con outros 4 botóns, 2 para patadas e 2 para golpes ambos altos e baixos.

No seu momento atraeu moito polos seus gráficos dixitalizados, pois, cada loitador era un actor de carne e óso, só que capturaran dixitalmente seus movementos e foron impostos no xogo.

Elementos do xogo[editar | editar a fonte]

  • Combos: Forma de ataque que era a combinación de golpes e patadas, o dano era maior pero máis difíciles de executar.
  • Poderes: Tras unha curta combinación de botóns lanzábanse esferas de poder como final do combo.
  • Rounds: Cada unha das pelexas que forman parte do combate.
  • Flawless Victory & Double Flawless: Termo para cualificar unha vitoria perfecta, gañar sen recibir dano algún.
  • Personaxe Oculto: Personaxe non seleccionable ó comezo, senón que debiamos superar un reto para poder manexalo.
  • Puntaxe: Era a puntuación recibida pola aplicación de diversos golpes ou combos. Suprimiuse nas seguintes entregas.
  • 'Finish: Espazo de tiempo dado aplicar un fatality.
  • Táboas do Destino: Eran unhas táboas onde se determinaban os opoñentes en Endurances ata chegar ós xefes finais. Teñen tres niveis: Novatos, Guerreiros e Mestres.
  • Torneo: Modo Endurance onde un pelexaba nun só round e tiña espazo suficientes para elixir a todas as personajes.
  • Sange: Amosado de forma explícita ao dar un golpe certeiro, era só accesible cun código segredo.
  • Fatality: Movemento final para acabar co opoñente. De natureza violenta foi obxecto de críticas.
  • Stage Fatality: Variante do Fatality onde este era producido interacionando co escenario.

Argumento[editar | editar a fonte]

Nunha illa chinesa, afastada da civilización, os loitadores reúnense para celebrar o torneo coñecido como Mortal Kombat.

Este Torneo é a representación do conflito entre a Terra, contra o Outworld, que é reinado por un cruel emperador chamado Shao Kahn. Se o emperador gañase dez veces consecutivas podería entrar ó Reino da Terra e conquistalo. Para isto un mago nado na terra chamado Shang Tsung, outorgoulle as nove vitorias anteriores, pero un monxe Shaolin chamado Kung Lao venceuno e foi declarado campión do Torneo.

No seguinte Torneo Shang Tsung regresou cun guerreiro Shokan, metade home e metade dragón, chamado Goro, quen derrotou a Kung Lao provocando que o feiticeiro absorbera a súa alma. Así ámbolos dous corromperon o Torneo por 500 anos, logrando nove vitorias ó seu favor.

Os loitadores do torneo son os seguintes:

Versións Dispoñibles e diferenzas[editar | editar a fonte]

  • Sega Game Gear: Como na versión de Sega Genesis, tamén se pode empregar un código para restaurar o sangue e os Fatalities. Tamén por escaseza de memoria carece de moitos elementos: Ten poucas personaxes, só 2 escenarios e moita dificultade no control para facer un movemento especial ou fatality.
  • Sega Genesis/ MegaDrive: Parecida á de SNES, pero coa excepción de que un código secreto (a-b-a-c-a-b-b) permite restaurar o sangue e os Fatalities.
  • Sega Master System
  • Amiga
  • Sega CD: Esta versión inclúe o comercial do xogo, e ademais non é preciso introducir un código e ten tempos de carga.
  • PC: Esta é posiblemente a versión máis fiel á Arcade.
  • Arcade
  • Super Nintendo: Esta versión do xogo ten o sangue substituído por po gris, para así recoñecer que Nintendo of America evitara usar sangue ata na versión de MK2 para esta mesma consola, grazas a un elemento chamado "Family Friendly".
  • Game Boy: Esta versión, debido a escaseza de memoria, carece de moitas cousas como un pobre uso do control, só 2 botóns de ataque, e non están nin Johnny Cage nin Reptile. É tamén a única versión do primeiro MK que permite utilizar a Goro coma unha personaxe secreta.