Memoria principal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A memoria principal son circuitos integrados capaces de almacenar información dixital, ós que teñen acceso o microprocesador do equipo de computación. Poseen unha menor capacidade de almacenaxe que a memoria secundaria, pero unha velocidade millóns de veces superior. Nos ordenadores son empregados dous tipos destes dispositivos:

  • Memoria ROM: almacena códigos de programas gravados en fábrica, ás veces protexidos por dereitos de autor.
  • Memoria RAM: almacena datos que poden ser escritos e borrados atendendo ós procesos de computación