Melati e Isabel Wijsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMelati e Isabel Wijsen
Membros
Grupodúo de irmáns Editar o valor em Wikidata
Melati Wijsen (en) Traducir ( - ). Activista
Isabel Wijsen (pt) Traducir ( - ). Activista Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista climático Editar o valor em Wikidata

Melati Wijsen, nada en 2001, e Isabel Wijsen, nada en 2003, son activistas climáticas indonesias. As dúas irmás son coñecidas polos seus esforzos para reducir o consumo de plástico en Balí.[1][2]

As irmás naceron en Balí, de pais holandeses e indonesios.[3] En 2013, cando Melati tiña 12 anos e Isabel 10, comezaron unha campaña para librar a Balí das bolsas de plástico desbotables chamada Bye Bye Plastic Bags.[4] Para chamar a atención do público, organizaron unha folga de fame do amencer ao anoitecer en 2016, esixindo con éxito unha reunión co entón gobernador de Balí, I Made Mangku Pastika. A campaña resultou na sinatura de Pastika dunha orde para prohibir as bolsas e pallas de plático a partir de 2018.[1][5][6]

En 2017, o dúo falou no Día Mundial do Océano das Nacións Unidas na cidade de Nova York.[7][8] En 2018, as dúas foron nomeadas dúas dos 25 adolescentes máis influentes de 2018 pola revista Time.[9] En 2020, Melati foi relatora convidada no Fórum Económico Mundial en Davos.[10][11] En 2019, un documental sobre Melati Wijsen titulado Bigger than Us foi estreado. O filme foi dirixido polo director francés Florece Vasseur e producido por Marion Cotillard.[12][13]

Notas[editar | editar a fonte]