Megaspora
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óvulos de planta con megasporocitos antes da meiose: Óvulo de ximnosperma á esquerda, óvulo da anxiosperma á dereita
En botánica, chámase macrospora ou megaspora á espora feminina das espermatófitas, as plantas que producen sementes, e corresponde á "célula-nai" do óvulo[1].
A espora masculina denomínase microspora e corresponde ao gran de pole.
Esta denominación vén do feito destas plantas presentaren alternancia de xeracións, entre unha fase diploide, o esporófito, que produce esporas haploides que, á súa vez, dan orixe ás células sexuais, os gametos.
Os nomes megaspora e microspora derivan das distintas dimensións relativas destas esporas, normalmente máis pequenas as masculinas.
Notas [editar]
- ↑ -Reprodución das plantas- no sitio web da Universidade de Santa Cecília, Brasil a 30 de xuño de 2009