Megaduque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O megaduque do Imperio bizantino Aleixo Apocauco (1341-1345).

O megaduque, megadux ou megas dux (en grego: μέγας δούξ) foi o cuarto cargo en importancia despois do emperador bizantino dentro da alta xerarquía político-militar do Imperio bizantino[1].

Inicialmente foi creado por Aleixo I Comneno cara ao século XI, o título correspondía ao comandante en xefe da frota de guerra, equivalente ao de almirante. Pero durante o goberno imperial da dinastía Paleólogo, o megaduque converteuse en primeiro ministro do emperador bizantino, pasando por encima de toda a burocracia bizantina. O último megaduque antes da caída do Imperio Bizantino foi Lucas Notaras (? - 3 ou 4 de xuño de 1453).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kazhdan (1991): 1330.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]