Marry the Night

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo da canción.

"Marry the Night" é unha canción interpretada pola cantante estadounidense Lady Gaga, escrita por Gaga e Fernando Garibay e producida polos mesmos. A canción está incluída no seu segundo álbum de estudio Born This Way, e foi lanzada como quinto sinxelo do álbum.