Mark Calaway
Mark William Calaway, nado o 24 de marzo de 1965 en Houston, é un loitador profesional estadounidense, máis coñecido por The Undertaker, loita no programa SmackDown do World Wrestling Entertainment. É medio irmán de Glen Jacobs co que forma ocasionalmente o equipo Brothers of Destruction.
Traxectoria [editar]
Calaway comezou a súa carreira en 1984 na World Class Championship Wrestling. Entrou no World Championship Wrestling en 1989 baixo o nome de "Mean" Mark Callous in 1989. Cando a WCW non renovou o seu contrato en 1990 paso en novembro á World Wrestling Federation (desde 2002 World Wrestling Entertainment) xa co nome de The Undertaker, actualmente é un dos loitadores da WWE máis veteranos, amais é xunto con Shawn Michaels, o único loitador contratado desde a primeira edición de Raw, transmitida o 11 de xaneiro de 1993.
The Undertaker utiliza nos seus combates dúas personalidades ben contrastadas, Deadman e American Bad Ass. Gañou o campionato da WWE catro veces e o World Heavyweight Championship dúas. Tamén gañou o Royal Rumble de 2007 e está invatido en WrestleMania con 17 vitorias e ningunha derrota.