María Mondelo Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Mondelo Rodríguez

María Mondelo Rodríguez, nada en Vilanuíde (Quiroga) cara a 1897, foi unha modista e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Modista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida no cárcere de Monforte o 28 de abril de 1937. Foi xulgada en consello de guerra en Lugo o 28 de xuño de 1937 acusada de excitación á rebelión e condenada a seis anos e un día de prisión maior. O 20 de febreiro de 1938 foi trasladada a prisión de mulleres de Guipúscoa. En 1937 abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi sancionada en 1941 con 100 pesetas e embargados uns bens cun valor inferior ás 1.000 pesetas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]