Saltar ao contido

Mar de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar de Arousa
Tipoasociación cultural
Data de fundaciónxuño de 2005
SedeBamio
PaísGalicia
Na rede
https://mardearousa.jimdofree.com
editar datos en Wikidata ]

Mar de Arousa é unha asociación cultural da parroquia de Bamio no concello de Vilagarcía de Arousa.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A asociación busca preservar a cultura galega. Conta cunha banda de música e un grupo de baile (ambos tradicionais). Tanto as cancións como os bailes son recollidos en diferentes zonas de Galicia co obxectivo de preservar as características esenciais da música e baile tradicionais, non só a nivel local, senón tamén autonómico.