Mancebo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A mancebía é un sistema de reprodución empresarial empregado en Galicia durante o Antigo Réxime, preferentemente polas casas comerciais.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Os chamados mancebos vivían nas mesmas casas que os comerciantes. Na planta baixa situabase o comercio, no primeiro andar o patrón e a súa familia e no segundo ou terceiro os mancebos e as criadas. O mancebo estaba no que no dereito particular galego se chama "a mesa e os manteis". Isto quere dicir que a casa corría cos gastos de comida e aloxamento, medicinais e mesmo vestido. Non recibía os soldos deica o intre da súa independencia. Cobraba todo xunto, xeralmente tras dez ou doce anos, coa finalidade de montar unha nova empresa. Este acto facíase de mutuo acordo e normalmente o patrón formaba parte da nova empresa achegando capital.

Nalgunhas ocasiós acontecía que o mancebo casaba cunha das herdeiras, facéndose cargo da empresa familiar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carmona Badía,X.,Coord. Empresarios de Galicia, artigo de Barreiro Fernández, X.R. CIEF, Centro de Investigación Económica e Financeira. Fundación Caixa Galicia, 2006.