Malietoa Tanumafili II
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Malietoa Tanumafili II, nado o 4 de xaneiro de 1913, e finado o 12 de maio de 2007 en Apia, foi monarca (O le Ao o le Malo) de Samoa. Compartiu a xefatura do estado entre 1962 e 1963 con Tupua Tmasese, sendo logo el o único xefe de estado, entre 1963 e 2007.
Traxectoria [editar]
Cursou estudos universitarios en Nova Celandia. Foi membro do Consello de Goberno deste país e diplomático en Nacións Unidas, en 1962 accedeu á Xefatura do Estado compartida de Samoa Occidental. Desde 1963, tras a morte do outro membro da xefatura, foi Xefe de Estado de Samoa en solitario até o seu falecemento. Morreu ás 8:20 pm do 11 de maio de 2007 no Hospital Nacional Tupua Tamasese Meaole, con 94 anos. De acordo coa Constitución samoana, aínda que foi Xefe de Estado vitalicio, o seu sucesor, Tuiatua Tupua Tamasese Efi, foi escolleito polo Parlamento e o seu mandato pasou a estar limitado a cinco anos reelexibles.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- El veterano rey de Samoa elmundo.es (en castelán)
- Noticia do seu pasamento terra.es (en castelán)