Mac Pro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mac Pro late 2013.

O Mac Pro é unha Estación de Traballo lanzada por Apple, baseada en procesadores Intel Xeon. Apple introduciu o Mac Pro o 7 de agosto do 2006 na WWDC co fin de substituír ó Power Mac G5, e en conxunto co novo Xserve completar a transición a Intel.

O Mac Pro, comparado con outras máquinas da época, é de rendemento Alto-Medio. Posúe 2 tabletas de 2 Núcleos de CPU cada unha, 4 compartimentos para disco duro, 2 Unidades de Disco óptico e 8 baías para memoria RAM (soportando un máximo de 32 GB). Existen PC HE(HIGH-END) con placas madre asus (amd2+) que soportan 4 procesadores amd phenom x4 de 4 Núcleos reais, con tecnoloxía de 64 bits e que soportan ata 64gb de memoria ram (DDR3) e un HT (Hyper transport) de máis de 5200MT/s.

O chip de Intel trouxo leves pero notorias melloras a nivel de velocidade. A memoria do sistema es FB-DIMM con dous buses independentes a 800 MHz, 4 baías de PCI express (PCIe), e con 4 portos de SATA para Disco duro a 300 MB/s (comparados cos 3.2gb/s dos SATA II dos PC. O modelo anterior usaba memoria DDR2 a 600 MHz e discos SATA a 150MB/s.

A carcasa do Mac Pro é de aluminio, e é case idéntica á do seu antecesor. A diferencias radican na nova unidade para CD e a forma de como están organizados os portos I/O, tanto na parte dianteira como na traseira.

O novos Xeon xeran moito menos calor que os G5 que se utilizaban anteriormente, polo cal o tamaño dos ventiladores baixou considerablemente. Isto permitiu deixar máis espazo no gabinete, duplicando o número de unidades de disco duro. A diferenza dos outros modelos de Mac actuais, o Mac Pro non inclúe o receptor de infrarvermellos que teñen os outros modelos, por isto o software como Front Row non pode ser empregado aquí.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]