MRW

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

MRW é unha empresa de envíos española con sede en Valencia (dende o 9 de outubro de 2017). Conta cunhas 1 370 franquías e 60 plataformas loxísticas distribuídas en Andorra, España, Xibraltar, Portugal e Venezuela. Ten uns 14 000 empregados. É a única empresa de mensaxería homologada para o transporte de animais.

Foi fundada no ano 1977 por Francisco Martín Frías, o seu conselleiro delegado até que presentou a súa dimisión en maio de 2012, e socio minoritario da empresa, co 15 % das accións, xunto coa familia Corrales, propietaria do 59 % da mesma, e a familia Rillo, co 26 %.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]